Weisa

Sara

Clériga de nivel 3 en Faerûn (Estándar)
Rango Bronce

Ver página de D&D Beyond

Hoja de personaje

Weisa é unha orca de 56 anos, de corpo ancho e presenza tranquila. Pertenceu durante toda a súa vida a unha tribo que habitaba nun bosque sagrado, onde foi respectada e querida como curandeira e guía espiritual. A súa historia comeza marcada pola dor: de moza, namorouse dun orco doutra tribo, a quen vía cada primavera cando os seus camiños coincidían. Foron anos de amor sincero e inocente, véndose crecer, ata que ela quedou embarazada. Cando se decatou e volveu a velo, descubriu que el morrera loitando por protexer a súa aldea. Con todo, as desgracias non remataron aí, os xemelgos que trouxo ao mundo naceron mortos.
Aquela perda non a destruíu, senón que a transformou. A dor converteuse en fe, e Weisa comezou a sentir a presenza das almas na natureza: nas árbores, nas pedras, no vento e na auga. Aprendeu que todo ten vida, todo ten espírito, e que cada cousa respira a enerxía do mundo. Cada árbora, rocha e criatura, ten vida, ten alma, é un ser. Guiada pola anterior clériga da tribo, estudou os segredos da maxia natural e converteuse finalmente na nova curandeira, a nai, e cos anos, avoa, do seu pobo.
Durante décadas, coidou dos feridos, ensinou aos pequenos a respectar a natureza e transmitiu o principio que rexía a súa vida: “todo o que vive merece ser amado”. Co tempo, formou á súa propia aprendiz, á que consideraba case unha filla. Cando sentiu que xa non tiña nada máis que ensinar, decidiu cederlle o posto e marchar. Agora, Weisa percorre o mundo como membro da Liga de Aventureiros, ofrecendo os seus dons curativos e a súa sabedoría a quen o precise. Non busca fortuna nin gloria, senón emoción, compañía e novos recordos que engadir á súa longa historia.