Hyperión
(Inactivo)
Gardián de nivel 2 en Daggerheart ()
Rango Bronce
Hyperión naceu nun pequeno asentamento de xigantes, agochado entre os picos máis altos das montañas que agora mira de lonxe. Alí viviu cos seus pais nunha vida sinxela e tranquila. O seu pai ensinoulle a cortar madeira, e Hyperión descubriu que era o que máis lle gustaba facer. Non só polo golpe do machado ou polo cheiro da resina, senón porque a madeira servía para construír, para quentar, para facer feliz á xente.
Así que se fixo leñador. Ía ao bosque cada día e cortaba a madeira xusta para venderlla aos viaxeiros que pasaban polas montañas. Ben, case xusta. Hyperión emocionábase moito co seu traballo. Unha rama levaba a outra, e outra, e outra, e cando quería decatar, tiña unha morea tan alta coma el. Os mercaderes ríanse, pero comprábanlla toda porque era bo material. Hyperión non entendía moi ben por que se rían, pero el tamén ría, porque ver á xente contenta facíao feliz.
Os pequenos sempre lle pareceron seres fascinantes. Eran tan... fráxiles. Hyperión mirábaos desde as montañas e preguntábase como non se rompían co vento. Por iso, cando viu que un grupo deles empezou a construír algo ao pé da montaña, sentiu unha curiosidade enorme. Primeiro foron unhas poucas casas, despois máis, e máis. Un día, a cidade chamouno tanto que non puido resistirse. Gardou o machado, baixou polas ladeiras e presentouse alí.
Non sabía moi ben como o recibirían. Pero para a súa sorpresa, axiña fixo amigos. O máis importante deles foi Ilim, un home que dicía ser o xefe. Illin non lle tivo medo. Mirouno aos ollos, sorriu e preguntoulle como se chamaba. Cando Hyperión dixo que era leñador, Illin deu unha palmada e nomeouno Leñador do Reino alí mesmo. Hyperión non sabía moi ben o que era un "reino", pero parecía algo importante, e púxose moi contento.
Construíu a súa propia cabana preto da cidade. Tivo que facela máis grande que as outras, pero deulle especial atención á porta: quería que os seus amigos pequenos puidesen pasar sen problemas. E todos pasaban. Hyperión coñece a todo o mundo. Cada mañá saúda a cada persoa coa que se cruza, coñecida ou non. Un "Bo día, amigo!" resoa polas rúas de Suth-Umbar cando Hyperión vai cara ao bosque.
O seu traballo agora é o mesmo, pero con máis propósito. Hyperión protexe Suth-Umbar. Para el, protexer non é só afastar monstros ou pelexar. Tamén é asegurarse de que haxa leña para o inverno, de que as casas teñan madeira boa para arranxar os tellados, e de que os nenos poidan xogar preto da fogueira sen pasar frío. Se alguén está triste, Hyperión nota a súa cara rara e intenta animalo. Ás veces faille un agasallo torpe: unha rocha con flores encima ou unha cunca de madeira que tallou el mesmo. Os veciños xa o coñecen e acollen os seus agasallos con sorrisos xenuínos.
Pero Hyperión tamén ten medo. Cando cae a noite e a lúa se agocha, a escuridade méteo medo. Entón acende unha gran fogueira preto da súa cabana e quéntase nela, esperando a que chegue o día. Quizais por iso lle gusta tanto a madeira: porque convértese en lume, e o lume afasta a escuridade.
Non é o máis listo do mundo, Hyperión. Ás veces non colle as bromas, outras non entende os mapas ou por que a xente se enfada por cousas pequenas. Pero ten algo mellor: un corazón enorme. E ese corazón, unha vez que fai un amigo, xamais o esquece.